INFORMACIÓN E CONTACTO

Quen somos


A ANPA é a ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Tamén colabora na realización de eventos no centro tales como celebracións, actividades de conciliación, actividades globais ou proxectos educativos complementarios para toda a comunidade.


Ademais deste blog, temos unha canle de Telegram e podedes poñervos en contacto con nós a través do noso correcto electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Servizos curso 2023/24


Cambiadores:

Empresa colaboradora: Jardanay.

Servizo por mes ou por intervención esporádica.


Madrugadores:

Empresa colaboradora: Jardanay.

Horario: A partir das 07:30 ata o comenzo das actividades lectivas.


Servizo diario, esporádico ou en días puntuais, que contempla necesidades alimentarias especiais como dietas brandas ou alerxias alimentarias.


Comedor

Empresa colaboradora: Jardanay.

Horario: de 14:00 a 16:00.


Servizo diario, esporádico ou en días puntuais, que contempla necesidades alimentarias especiais como dietas brandas ou alerxias alimentarias. O servizo ofrecido no comedor é de liña quente, que quere dicir que o centro non dispón de cociña in situ, pero a comida prepárase nas naves da empresa e se leva quente ao centro, sen pasar por ningún proceso de conservación extra, o que garantiza unha comida recén feita na que ademáis priman os productos de tempada e de calidade. 


Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre os servizos de comedor e madrugadores.


Actividades Extraescolares

Empresas colaboradoras: Serocio, Judo UDC, Sonicreques, The Big Apple Study, Code Monsters, Basquet Coruña, Galicia Rollers, Brain Factory, Club de Fútbol de Orillamar, Federación de Anpas.

Horario: de 16:00 a 18:00.


Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre actividades extraescolares.



Organización de campamentos en períodos non lectivos:

Empresa colaboradora: Serocio.


Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre os campamentos en períodos non lectivos.



Participación en organización de festas e eventos:

En colaboración co colexio e coas familias voluntarias de 6º de primaria que queren recadar fondos para a súa excursión de fin de curso, axudamos a organizar festas e eventos en festividades sinaladas como Samain ou Carnaváis, para que todas as familias poidamos desfrutar xuntos de diversas celebracións non centro educativo.


Xestión de axudas e subvencións

Participamos activamente na xestión de axudas como becas comedor ou subvencións para mellorar o centro. Un exemplo do presente curso académico son as axudas para fomentar a igualdade, que nos permitiron gozar de obradoiros nesta materia a toda a comunidade educativa.


Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre axudas e subvencións para as familias.



Información e apoio

A través deste servizo, mantemos informadas ás familias sobre o día a día da Asociación, e resolvemos aquelas cuestións que podan ser de interese. As familias tamén poden participar na xestión do centro tanto a través do Consello Escolar, como mediante a súa implicación nas asambleas organizadas pola ANPA Herrerías.

 

Suscríbete ao noso blog e recibirás todas as nosas comunicacións. Introduce o teu enderezo de correo electrónico:

 

 

Local


O local da ANPA está situado na planta baixa do colexio (ao fondo á dereita). 


 

Inscricións


Para facervos socios do ANPA debedes cubrir o formulario de inscrición e abonar a cota de 20€ por familia e curso escolar (o número de conta pódese atopar no formulario de inscrición).



Xunta directiva

Presidenta: Lis Corrales Ferreiro 

Vicepresidenta: Paula Sánchez Álvarez  
Secretaria: Inés Pastur de Dios
Tesoureiro: Luis Ángel Soto Fernández
Vogais: Deirdre Barry-Murphy, Sara Tello Ruiz, Raquel Brañas Lage, Iria Candal Liñares e Raquel Rosa Cid


Os nosos estatutos


   


Última acta da Asamblea da ANPA


Esta é a última acta aprobada pola ANPA, por unanimidade, en Asamblea:



Últimas contas aprobadas en Asamblea da ANPA



Ligazóns de interese


Tradutor Gaio galego-castelán


Agencia Española de Protección de Datos


Podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte formulario:

Nome :

Dirección de correo electrónico:

Mensaxe: