viernes, 1 de marzo de 2024

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA NO COLEXIO

viernes, marzo 01, 2024 0

Benqueridas familias,


O noso CEIP Cidade Vella acollerá en Semana Santa un novo campamento para axudarvos a conciliar aos que o necesitedes! Será os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 h. Ademais existirá a opción de madrugadores (desde as 7:45 h) e comedor (ata as 16:00) se hai un número suficiente de persoas inscritas.


Tedes toda a información sobre precios, descontos e inscrición nesta ligazón.





Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 27 de febrero de 2024

NUTRICIÓN E ALIMENTOS ECOLÓXICOS

martes, febrero 27, 2024 0



Benqueridas familias! 

O vindeiro LUNS 4 DE MARZO, na biblioteca do centro, levarase a cabo unha charla sobre nutirición e alimentos ecolóxicos, dentro do proxecto de “Vida activa e deportiva” do CEIP CIDADE VELLA.


Hai 30 prazas dispoñibles, os/as interesados/as deberedes mandar un correo electrónico á ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal, a inscripción é por orde de recepción das mensaxes.


🥙 Charla: Nutrición e alimentos ecolóxicos.

Horario: 16:30 horas.

Duración: 1h 45 minutos (aprox.)


➡️ Temáticas: 

- Diferencia fundamental entre alimentos e nutrientes.

- Adopción de hábitos alimenticios variados e equilibrados.

- Productos ecolóxicos, inclusión na nosa dieta.

- Investigaremos a natureza dos alimentos procesados, realizando un experimento práctico.

- Consellos para planificar comidas saudables, completas e económicas.


Agardámosvos!!


Un saúdo, 

ANPA HERRERÍAS.

jueves, 22 de febrero de 2024

MAÑÁ NO COMEDOR SERVIRASE CALDO GALEGO PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA

jueves, febrero 22, 2024 0

Benqueridas familias,


Mañá, co gallo do Día de Rosalía, dende o comedor do colexio colaborarase coa Fundación Rosalía de Castro na iniciativa Caldo de gloria 2024, polo que o primeiro plato que se servirá será un caldo galego (o segundo e a sobremesa mantéñense segundo o previsto no menú).

 

Deste xeito lémbrase o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.


A rapazada contará mañá con manteis de papel desechables onde poderán ler esta poesía.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

jueves, 8 de febrero de 2024

O BASQUET CORUÑA INVÍTANOS AO SEU PRÓXIMO PARTIDO!

jueves, febrero 08, 2024 0

Benqueridas familias,


🏀 O Club Básquet Coruña fíxonos chegar invitacións para o próximo partido do equipo, que se enfrontará ao Club Baloncesto San Pablo Burgos o domingo 11, ás 18.00 h, no Estadio de Riazor.


🏀 Se queredes acudir, enviádenos un e-mail a apaherrerias@gmail.com indicando cantas invitacións queredes e os datos da persoa que as vai recoller. Repartirémolas por orde de petición, ata que se terminen!


🏀 Faremos as entrega das entradas na porta do colexio mañá venres, de 16.30 a 17 h.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 9 de enero de 2024

lunes, 4 de diciembre de 2023

MUDA PARA COMEDOR

lunes, diciembre 04, 2023 0

Benqueridas familias.


Dende a Anpa Herrerías habilitamos un espazo onde gardar unha muda para empregar durante o servizo de comedor.

Esta opción está pensada para todos aqueles alumnos e alumnas, AUTÓNOMOS, que por diversas circunstancias, como mollarse no patio, poidan precisar cambiar de roupa á hora do xantar.


CONDICIÓNS:

1. A alumna ou alumno debe ser completamente autónoma, é dicir:
  • Depositar a muda no lugar correspondente.
  • Reclamar a súa muda e identificala.
  • Cambiarse sen axuda.
  • Meter a roupa sobrante nunha bolsa.
  • Levala de volta á casa.

2. Todas as prendas de roupa estarán identificadas, dentro dunha única bolsa na que constará o nome e o curso ó que pertence o alumno ou alumna.

3. As mudas deixaranse ordenadas por cursos na estantería situada no cuarto a carón dos baños da planta baixa.

4. Será o propio alumnado o encargado de depositar e coller a súa muda no lugar correspondente. 

5. Para o bo desenvolvemento desta iniciativa é imprescindible que se manteña a orde na estantería e e na estancia onde se gardan as mudas. 

6. Nin a Anpa, nin o CEIP Cidade Vella, nin o servizo de comedor se fan responsables das prendas ou complementos que poidan estragarse ou desaparecer.

7. As traballadoras do servizo de comedor NON cambian ó alumnado.





Para os nenos e nenas que precisan de axuda para coller a roupa, cambiarse ou meter a roupa na súa correspondente roupa, e tal e como vén acontecendo dende o inicio de curso, a responsable do comedor chamará as familias en caso de que sexa necesario.

Lembrámosvos ademais que tendes á vosa disposición o servizo de pago de cambiadores, que podedes xestionar directamente coa empresa Jardanay.

Un saúdo.
Anpa Herrerías. 


lunes, 27 de noviembre de 2023

CAMPAMENTOS DE NADAL DOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

lunes, noviembre 27, 2023 0

Benqueridas familias, 

 

Dende o Concello da Coruña infórmannos de que desde hoxe e ata o día 29 de novembro está aberto o prazo de preinscrición para os campamentos urbanos de Nadal dos Centros Cívicos Municipais, dirixidos a rapazada de 4 a 12 anos. 

 

As prazas adxudicaranse mediante sorteo público, e as persoas interesadas poden apuntarse: 

💻 Online, a través do formulario dispoñible na web municipal.

📞 Telefonicamente, no número 604 10 54 93, en horario de atención de 9:00 a 20.00 horas ininterrompidamente.  

 

Ofreceranse prazas para menores con diversidade funcional que poidan seguir as actividades en grupo. Nestes casos, a preinscrición acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal; e haberá unha numeración e un sorteo propio. 



Unha aperta! 

ANPA Herrerías

jueves, 23 de noviembre de 2023

CAMPAMENTO DE NADAL NO COLEXIO

jueves, noviembre 23, 2023 0

Benqueridas familias,


SerOcio organizará un campamento de Nadal no noso colexio durante todo o período non lectivo de Nadal, do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.


Podedes atopar toda a información sobre horarios e prezos, e realizar a vosa inscrición, nesta ligazón.




Unha aperta!


ANPA Herrerías


miércoles, 15 de noviembre de 2023

AÍNDA TEMOS PRAZAS LIBRES NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!

miércoles, noviembre 15, 2023 0

Benqueridas familias,

Recordade que en moitas actividades extraescolares quedan prazas libres e que podedes apuntar á rapazada ao longo de todo o curso. Ademais, a estas actividades sumamos agora baloncesto, xa que se incorporou ás clases un segundo monitor, polo que podemos ofertar novas prazas!

Neste momento hai prazas libres en:

  • Manualidades (para alumnado de EI + EP)
  • Fun English (para alumnado de EI + EP)
  • Baile moderno (para alumnado de EI + EP)
  • Inglés (para alumnado de EI + EP)
  • Sonicreques (para alumnado de EI + EP)
  • Brain Factory (para alumnado de EP)
  • Judo (para alumnado de EI + EP)
  • Baloncesto (para alumnado de EP)
  • Predeporte (para alumnado de EI + 1º de EP)
  • Segunda quenda de Robótica (para alumnado de EP)
  • Fútbol (para alumnado de EI + EP)
  • Pinta e crea / Ilustración e cómic (para alumnado de EI + EP)


Se alguén quere darse de alta nalgunha actividade podedes facelo enviando un e-mail a actividades.serocio@gmail.com antes do día 26 de cada mes, e a modificación terá efectos a partir do mes seguinte. A inscrición farase por orde de solicitude.


Tedes toda a información detallada sobre as distintas extraescolares neste mesmo blog, nesta ligazón.


Por último, lembramos que para formalizar a matrícula e participar nas actividades extraescolares é IMPRESCINDIBLE pagar unha cota de matriculación por neno/a (non por actividade) como usuario das actividades de 22 euros anuais que se destina a financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes anual. Para iso tedes que facer unha transferencia ao número de conta da ANPA (podedes atopalo ao final do formulario de inscrición) indicando no concepto da transferencia "COTA ACTIVIDADES 2023/24 e nome e apelidos do alumno/a” e enviar o xustificante de pago ao noso correo electrónico.


Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia estamos disponibles, coma sempre, na nosa dirección de correo electrónico apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!


ANPA Herrerías